·Biografía:
Randolph Frederick Pausch foi un profesor de enxeniería informática na universidade de Carnegie Mellon (CMU) en Pittsburgh, Estados Unidos. Ademáis como autor tivo un elevado número de ventas nos libros, conseguindo fama mundial polo traballo "A última lección" , discurso que deu o 18 de setembro de 2007 na mesma universidade donde daba clase.
En agosto do 2006, a Pausch diagnosticaronlle un cancro de páncreas.Comezou un tratamento moi agresivo para o cancro que incluía ciruxía maior e quimioterapia experimental; sin embargo, en agosto del 2007, dixeronlle que o cancro lle pasara ao fígado e ao bazo, o que significaba que era terminal.
Entón comezou unha quimioterapia , intentando prolongar a súa vida todo o que fose posible. En 2008, un PET scan mostrou que o seu cancro extenderase tamén aos seus pulmóns e algúns ganglios linfáticos no peito.
O 27 de xuño de 2008, Pausch indicou que estaba considerando a posibilidade de deter ainda máis a quimioterapia, debido aos posibles efectos secundarios adversos.
O día 25 de xullo faleceu a causa do cancro de páncreas.
· Comentario:
É moi triste saber que vas morrer pero máis ainda sabendo que non podes facer nada para evitalo. Este é o caso de Paush que lle diagnosticaron un cancro dos peores e ao pouco tempo descubriu que era terminal.
Ainda así, el decidiuse a dar unha charla na universidade donde traballaba para falar da vida , da súa vida e para demostrar que sempre hai que tirar para diante ainda que todo salla mal. Randy Pausch demostrou que era un home forte e que estaría loitando contra todo para poder ser feliz ata o seu último momento.
O seu tratamente era pan de cada día e como non o recorda da enfermidade pola que estaba a pasar, pero el non caía na desilusión, el seguia buscando motivos para ser feliz e levantar a súa familia, unha familia chea de xente moi nova, con moitas cousas por diante para vivir que el non podía permitir que se foran a pique polo motivo de que el tivera esa enfermidade.
É moi díficil facer o que Randy Paush foi capaz de facer, tanto na charla que deu como na súa vida, pero grazas a eso él foi feliz ata o último momento sen dubidalo nin un segundo.
Nesta charla comezou falando da súa enfermidade, comparandoa con un elefante que chegara a súa vida e que el non o podía apartar. Pausch ensinou os resultados dos seus escaneos onde se podía aprecir o tipo de cancro que tiña.
Tamén comentou todos os soños que tivera de pequeno e que algúns lle costara conseguilos pero que os lograra, con isto quixo dicir que sempre hai que loitar polo que se quere porque ainda que non o consigas sempre aprenderás algo que che axudara no resto da túa vida. Máis tarde mencionou a seus pais, como os mellores pais que puido ter nunca, e tamén aos seus tres fillos.
Logo espuxo moitas circunstancias da vida e deu multiples consellos que eu penso que son ensenciais para saber comportarse ao longo desta viaxe que nos espera.
Considero que Randy Pausch é un exemplo para a vida, non calquera persoa é capaz de facer a charla que fixo el sabendo que en pouco tempo falecería.