sábado, 19 de marzo de 2011

O CONTO DA VACA

Esta historia contanos como desfacernos daquelas excusas que poñemos cando non nos apetece facer algo.
Neste relato as excusas aparecen simbolizadas nunha vaca. A vaca é a principal protagonista do conto.


Trátase dunha familia formada por oito persoas que vivían en plena miseria e o único que tiñan era unha casa en moi malas condicións, con desorden tanto dentro como fora dela, case a punto de derrumbarse e unha vaca moi flaca que era a que os sostiña económicamente. A vaca daba moi bon leite pero en desgraciadamente moi pouca cantidade. Esa vaca era o único que os mantiña en pé.
Certo día, inesperadamente, falece a vaca e nese momento quedan sen nada, totalmente arruinados pero despois dese momento tan tráxico deciden limpar a súa casa, traballar na colleita de vexetales comestibles e vendendollos aos vecinos. Nese intre danse conta de que se se quere, sempre se pode seguir pa diante, pase o que pase.


Eu creo que a ensinanza moral que nos pretende dar este conto é que o maior problema para ter éxito é conformarse coa vida que un ten, sempre se pode aspirar a máis, e sobre todo se unha persoa acaba de caer e está nunha mala situación.

Todos e cada un de nós temos as nosas vacas na vida. Levamolas con nós a cada sitio que vamos, e esas vacas impidemnos buscar mellores oportunidades, medrar, ser mellores personas en todos os aspectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario