Eu penso que o mellor é ser funcionario porque aínda que poida ter algún inconvinte, a maioría son vantaxes.
Por exemplo, un funcionario:
-Ten moita seguridade no emprego xa que, ninguén o pode despedir do seu traballo se compre unhas determinadas características esixidas.
-Percibe un salario fixo con estabilidade, é dicir, o salario non acostuma a variar e tampouco a chegar con retraso as mans do traballador.
-Non ten que asumir risco ningún, polo se que se lle reduce a carga emocional ao non ter que pensar nos problemas, perdas, ganancias etc. da empresa.
- Continúa a súa formación, é dicir, un funcionario sempre manterá os seus conocementos durante o traballo e incluso os poderá aumentar.
- Ten xornada intensiva, o que facilita que o seu tempo libre sexa maior e máis continuado.
- Ten beneficios nas excedencias, permisos e vacacións. Por exemplo terá as vacacións fixas e se por algún motivo ten que pedir algún permiso seralle concedido.
Aínda que ser funcionario tamén ten inconvintes, estes son menores ca as vantaxes:
-Para acceder é necesario aprobar uns exames chamados oposicións, que son bastante complexas.
-Excasa marxe de manobra por parte do individuo.
-Falta de recoñecemento ao teu traballo. Por exemplo unhas persoas traballan máis que outras e ninguén lle lo recoñece.
-Menos competición nos salarios que no traballo por conta allea, por exemplo neste último, haberá mais competencia nos traballos e os soldos poderán ser maiores ou menores nun lugar ca en outro pero en cambio se es funcionario cobrarás o mesmo nun lugar ca en outro.
-Non se fomenta a flexibilidade nas tarefas, é dicir, tes un horario fixo e tes que permanecer unhas determinadas horas no teu posto de tranballo.
- Requirese unha movilidade xeográfica, xa que a ti asignaranche un lugar e ti terás que ir a traballar alí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario