Denominamos obsolescencia programada a determinación, planificación ou programación do fin da vida útil dun producto ao servicio tras un período de tempo calculado anteriormente polo fabricante ou empresa. A obsolescencia programada ten un potencial considerable e cuantificable para beneficar ao fabricante dado que o o producto vai fallar en algún momento, obligando ao consumidor a que merque outro de novo.
Para a industria este proceso é moi beneficioso pero eu persoalmente non o calificaría como bo para a humanidade xa que pareceme que é un feito de engano cara o consumidor, porque se ben este feito é realizado, o consumidor debería ser informado directamente ao adquirir o producto.
No vídeo que vimos ensinanos concretamente a obsolescencia dunha impresora, que un home comprou e que lle fallou exactamen as 15000 fotocopias. El foi a reparala a tenda e dixeronlle que non lle compensaba, que lle salía moito máis económico comprar outra.
Pero este home non se rendiu, atallou en Internet todo o que puido e atopou un home que lle puido axudar, púsose en contacto con el e amañou a impresora. Cousa á que non todo o mundo pode chegar, xa que el tivo que ter moito control sobre a rede e saber bastantes idiomas, como por ejemplo o chino.
Outro obxecto da vida diaria con obsolescencia programada que tamén observamos no vídeo é a bombilla que está comprobado que ven preparada para funcionar unhas certas horas e logo para.
Por un lado a obsolescencia programada podería ser un paso para o avance da economía porque así aumentaría o comercio pero polo outro tamen é un atraco para o consumidor que merca o producto xa que lle están vendendo algo que non ten previsto durar todos os seus días e non un tempo determinado polo fabricante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario