jueves, 6 de enero de 2011

EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS

Este curtametraxe amosanos como unha persoa, totalmente independente pola súa falta de extremidades tanto inferiores como superiores, puido saír a diante a base de moitos esforzos.
Ao principio comeza traballando nun circo no que tanto o público como os seus compañeiros se rin del, pero el sobrevive. Ata que ao final despois de tanto loitar consegue valerse por si mesmo e facer moitas actividades diarias como vestirse, comer, etc.

O que máis me chamou a atención foi que aínda que se riran del, el seguiu adiante, ainda que sufrindo moito pero sen demostralo. Tamén penso que unha persoa así sempre ten moitas máis capacidades para superar as adversidades da vida, xa que ao levar bastante tempo pasando por malas circunstancias, a vida dalle máis valor e aprende a superar os malos momentos máis facilmente.


Finalmente quero resaltar o feito de que cando este home discapacitado caeu no río e pediu axuda ao outro lado do río para levantarse e todo o mundo o ignorou e nin se molestaron en vir axudarlle porque eu penso que iso estivo moi mal por parte desas persoas pero mirandoo polo lado positivo, foi unha boa axuda para o protagonista, xa que gracias a iso puido aprender a levantarse él só.

No hay comentarios:

Publicar un comentario