domingo, 30 de enero de 2011

EN BUSCA DE LA FELICIDAD

En busca de la felicidad é unha película que reflexa a vida real. Conta a historia de Chris Gardner, un empresario áfricano que tivo que superar unha quebra laboral que o levou a vivir na rúa ao cargo do seu fillo, un neno de menos de 5 anos. O protagonista pasou por moitos obstáculos, incluso rematou o seu matrimonio. Sen diñeiro e sen esposa pero comprometido co seu fillo Christopher, Chris ve a oportunidade de loitar por un posto interno na Bolsa que lle ofrece un curso de seis meses e logo a presentación a un exame onde hai outros dazanove candidatos para o mesmo posto. Mentras tanto, él encontrase con moitas dificultades pero el é especialmente intelixente e acaba conseguindo o seu traballo. Con ese gran posto de traballo Chris é feliz.


O que máis me chamou atención desta historia foi que é a propia vida real e sobre todo na época de crise na que nos atopamos. Todo o que pasou nesta película poderianos pasar a nós cando menos o pensamos.
Ao ver está película aprendin que nunca nos debemos rendir por moito que perdamos. Sempre hai forma de levantarse por moi fondo que se caia.

Chris Gardner caeu, e caeu moi abaixo, ata o punto de non ter vivenda e ter que pasar noites no metro ou en pensións gratuitas nas que só se pode dormir unha noite, pero el loitou ata o final, e conseguio o que quería.

Finalmente decir que Chris Gardner é unha persona digna de admirar, porque calquera que estivera na súa situación non seguiría a diante, sobre todo con un neno tan pequeño ao seu cargo que creo que é o que lle da un toque entrañable a pelícúla e a historia real en sí. Porque sen Christopher parece que todo sería máis fácil e que Chris non estaría na situación que estivo ou simplemente sairía máis rápido dela pero eu non penso que sexa así. Eu creo que o neno é o que fai que Chris siga adiante, porque el é o motivo principal polo que o protagonista quere seguir vivindo, se a criatura non existise Chris non loitaría coas mesmas ganas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario